Un deja vu

25Xuñ05
Acabo de lembrarme (xusto despois de ver por enésima vez si estaba ben colgado o meu autorretrato), de que teño unha cousa escrita fai mil (noite de S. Xoán de 2000, pra ser exactos), que se titula “contraportada“… Fun buscala e aquí estou. Ás veces as cousas funcionan sorprendentemente como un deja vu. Vou copialo (o relatiño), directamente do orixinal. Prometo non corrixir nada aínda que non me guste…

CONTRAPORTADA:
I existe un momento na vida no que se comeza a dubidar se realmente a realidade é realidade ou se pouco a pouco nos achegamos silenciosamente á ficción. Ese momento chámase AUTOBIOGRAFÍA, e iso é o que lle aconteceu a Xosé Martín Fernández Outeiro na noite do 23 de Xuño dun dos anos da súa pequena, case invisíbel, madurez.
De pronto saíu da casa e de repente xa era noite, e Xosé Martín Fernández Outeiro decidiu que aquelas estrelas que agora observaba con fervorosa calma ían converterse diante dos seus ollos nun luxoso e fastoso amencer.
When the dawn arrived Xosé Martín Fernández Outeiro lembrou á súa familia, lembrou aos seus amigos, lembrou ás súas amigas e lembrou incluso aquela pequena fraga na que paseaba cando tiña soio algúns outonos de vida.
Xosé Martín Fernández Outeiro, xa chegadas as segundas luces do maltreito día aterrouse, e de pronto colleu valor de novo e decidiu que aquelas segundas luces do maltreito día ían converterse diante dos seus ollos nun luxoso e fastoso anoitecer.
When the twilight arrived Xosé Martín Fernández Outeiro decatouse de pronto de que o contido desa antedita parte da súa vida era practicamente nulo, e paseniñamente foise decatando de que aquela decisión por ver as metamorfoses naturais ía ser sermpre unha decisión infantil e pouco afortunada.
Entón foi xustamente cando Xosé Martín Fernández Outeiro decidiu volver á súa casa; é máis, entón foi xustamente cando decidiu volver á súa casa cos ollos pechados pra non ter máis posibilidade de ver amenceres ou anoiteceres luxosos e fastosos.
When the almost but not at all man arrived home estaba tan sumamente canso que decidiu por última vez na súa AUTOBIOGRAFÍA deitarse a durmir pra sempre.
Desta maneira, Xosé Martín Fernández Outeiro contradíxose i endexamais foi fiel á súa palabra. Ese momento foi precisamente cando Xosé Martín Fernández Outeiro creceu.

Advertisements


No Responses Yet to “Un deja vu”

  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: