FALAR SÓ

15Out05

Eu falo moito soa. E penso que é positivo… É moi gracioso cando de repente vas pola rúa e te das conta de que estas cantando ou poñendo caras ou falando, mentres recreas unha situación vivida ou mentres planeas unha situación que ocorrerá proximamente.´
E resulta curioso que todo iso sexa tan distinto a falar por teléfono, que non é outra cousa que, aparentemente alomenos, estar a falar só… (non estamos ao 100% seguros de que esa persoa que berra por un aparato estea a “comunicarse” con outra…). Os nosos esquemas mentais entenden perfectamente que está a falar con outra persoa, e simplemente, non existen as caras de sorpresa cando te cruzas con xente mentres falas por teléfono.
E aínda hai unha terceira opción que, por moito que o intente, non podo evitar que me supere: os dispositivos de mans libres…
A miña mente non está preparada para asumilos…
Digo eu que será cuestión de tempo.

Advertisements


No Responses Yet to “FALAR SÓ”

  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: