a memoria (i)

08Dec05

Hoxe escoitei unha canción é volveu un instante de fai 6 anos. E o autobús inmundo no que viaxaba parou no tempo un momento e as voces istoxanoneoqueeraasfamiliasnonestanunidascomoantesnonsomos
naideantesmiñanaifacíaun platodefilloasecomíatodoopobohoxendía que tanto me estaban a sacar de quicio namais facía un instante, de pronto tamén pararon un momento e nos meus oídos só escoitei nada.
Pero durou un instante. O autobús chegou a Caldas, pasou unha ambulancia, baixou a nena que me clavaba as rodillas nas costas, e o momento desapareceu. Quedou o recordo.
Agora só sei que a canción só estaba na miña cabeza. O recordo estaba ao seu lado colocado (ou enriba dela, ou debaixo, non sei…) nese pequeno buraco debaixo da diadema e de todo ese pelo tan negro (os meus recordos teñen ben onde agocharse…)
Seis letras. Collín o móbil e marquei un teléfono. Acto reflexo. Por sorte ou por desgracia estaba apagado ou fóra de cobertura. Vaia invento… Fun consciente, só despois de escoitar esa repelente voz feminina ao outro lado, que tamén recordaba nove números que tentei esquecer oitocentasmilmillonsdeveces borrándoos do móbil e de outros sitios.

E despois (e agora), unha sensación.
Pero gardareina para min.

Advertisements


No Responses Yet to “a memoria (i)”

  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: