the big kahuna

10Dec05

Desfruta da forza e beleza da túa xuventude. Non me fagas caso. Nunca entendemos a forza e beleza da xuventude ata que se murchou pero pódesme crer, dentro de vinte anos, cando mirando a foto te vexas a ti mesmo verás, como non podes ver agora, cantas posibilidades tiñas ante ti e o guapo que eras en realidade. Non estás tan gordo como te imaxinas. Non te preocupes polo futuro, ou preocúpate, pero sabendo que facelo é tan efectivo como tentar resolver unha ecuación de álxebra mascando chicle. É probable que os problemas máis serios que che xurdan na vida sexan cousas que nin se che pasaran pola cabeza, e que te sorprendrán un xoves calquera. Tódolos días fai algo que che dea medo. Canta. Non xogues co corazón dos demais. Non aguantes que os demais xoguen co teu. Lava os dentes. Non perdas o tempo envexando ós demais. Unhas veces irás gañando e outras perdendo. A carreira é longa e ó final só compites contra ti mesmo. Recorda os eloxios que recibas. Esquece os insultos e, se o consegues, dime como o fixeches. Conserva as vellas cartas de amor. Tira os recibos vellos do banco. Érguete. Non te sintas culpable se non sabes qué facer na vida. As persoas máis interesantes que coñezo tampouco o saben ós corenta. Toma moito calcio. Trata ben os xeonllos. Botámolos en falta cando faltan. Se cadra casas, se cadra non; se cadra tes fillos, se cadra, non ; se cadra te divorcias ós corenta, se cadra bailas o rock celebrando as vodas de platino. Fagas o que fagas non te congratules de máis. Nin tampouco te censures. Sempre optaches por unha cousa ou outra, coma todo o mundo. Goza do corpo, úsao de tódalas as maneiras que poidas. Non lle teñas medo. Nin te preocupes do que pensan os demais del. É o mellor instrumento que terás en toda a túa vida. Baila. Aínda que non o poidas facer máis que no salón da túa casa. Le as instruccións aínda que non as sigas. Non leas revistas de beleza. Só fará que te sintas feo. Coñece ós teus pais. Nunca sabes cando se irán para sempre. Sé bo cos teus irmáns. Son o vencello co teu pasado. E probablemente sigan contigo no futuro. Entende que os amigos veñen e vanse pero que hai uns poucos escollidos que debes conservar. Esfórzate en non desvincularte de certos lugares e costumes, pois canto máis vello te fagas, mais necesitas ás persoas que coñeciches cando eras novo. Vive en N.Y. algunha vez, pero vaite antes de endurecéreste. Vive no norte de California algunha vez pero vaite antes de ………. Viaxa. Non fagas demasiadas cousas no pelo ou cando teñas 41 parecerá o de alguén de 85. Ten coidado cos consellos que mercas e ten paciencia con quen chos vende. Os consellos son unha forma de nostalxia. Ofrecelos é unha maneira de rescatalos do vertedeiro, de sanealos, de pintarlles as partes feas e reciclalos, dándolle máis valor do que teñen. Pero créme, por favor, no do protector solar.

El pez gordo (The Big Kahuna)
Guión de Roger Rueff

Advertisements


2 Responses to “the big kahuna”

  1. Encantoume esa película!

    E, si, o discurso non ten chata.

    Saudiña

    PD: E considérate incorporada ao meu censo.

  2. …obrigadiña.
    Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: