BALANCE

04Xan06

Onte ou antonte fixen un curradísimo balance do ano 2005 por escrito… É de feito a primeira vez que o fago, pero con tan mala sorte que se me foi ao carallo o ordenador e perdín todo… Recordaba todas as miles de cousas que pasaron na/pola miña vida neste último ano que xa rematou hai tan só tres días e é algo impresionante… Pasaron tantísimas cousas que me probablemente case sexan tantas como en 7 ou 8 anos dos “normales”…
A verdade é reconfortante ver como vas cambiando e como á vez te reafirmas no que eres (ou tamén no que queres ou cres ser – non creo que sexa malo), a través de feitos, historias, xente que vai e que vén, cousas que tes e tamén que perdes ou che arrebatan, viaxes, decisións, pero sobre todo persoas. Todas esas persoas que marcaron varios antes e varios despois neste ano que rematou. Que foron moitas moitas moitas. Foi un ano de perder a calma (os que me coñecen sábeno) por primeira vez na vida, pero agora que remata xa podo falar de que a teño recuperada… E de pasalo tan tan ben que non podo nin explicar canto. Tamén de decisións e de ter que facerme de adulta un pouquiño moi ao meu pesar. E tamén de aprender moitísimas cousas tamén, como a expulsar os malos rollos polos poros da pel (en serio!), primeiro en forma de dermografismo, despois en forma de eccema e agora en forma de eritema (quen sabe en que se convertirá mañá!), de maneira que puiden aproveitar todalas boas enerxías que tiña para toda esa alegría que me mantivo en pé a min e aos que estaban xunto a min durante todo o ano.
Só podo dicir que con que o ano que entra sexa a metade de completo do que foi este, estarei satisfeita. Tan feliz e satisfeita como me sinto agora.

Advertisements


One Response to “BALANCE”

  1. 1 Sendi

    “lloraremos y reiremos pero lo pasaremos genial”… me dijiste en nuestro reencuentro…
    Hasta el fin de los tiempos juntitas mi amore


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: