máis de mil anos non, pero case…

12Feb06

E cun mes de distancia… distancia no sentido de distanciarse das cousas, e das persoas e de coller un pouquiño de perspectiva (que ultimamente é un artigo de luxo…) volve todo a estar patas arriba como hai exactamente (cunha marxe de erro de 15 días) un ano.
A miña vida volve a atoparse nunha encrucillada tendo que escoller por onde continuar e sen un plano esquemático onde comprobar cal é o mellor camiño como ocorre por exemplo cando te perdes no metro: da igual, ao final, inda que tardes horas… chegarás ao teu destino, e sin custarche un peso máis… No meu caso costarame máis dun peso, of course. Tamén rematou o CAP, comezan as clases de inglés… menos dun mes para 23 e tamén para emplazarme ou non para o 11M, unha data fatídica e feliz o mesmo tempo (S. comprende… sempre). Cando sexa 11M fará exactamente 2 anos que eu estaba comendo unha tapa cun viño nunha ostrería da que non lembro o nome en Pontevedra. E marchei á casa e preparei unha lasaña de espinacas con atún…. Non sei por que a veces me lembro destas cousas sen sentido… Non o entendo, pero resulta bonito. Lémbrome das cousas máis inesperadas. Memoria selectiva? logo non lembro cousas queme dixeron a fin de semana pasada. B. e L. cabréanse comigo. Din que non lles fago caso. Eu xuraría q non mo contaron… Non sei.
Necesito durmir (ante todo e sobre todo e en xeral).

Advertisements


One Response to “máis de mil anos non, pero case…”

  1. mil anos sería mooooito tempo… perroverde é xenial! espinita mandalle saúdos e eu mándochos a ti.
    bicos!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: