NOVIDADES

27Abr06

Novidades máis ben poucas, pero bueno, apeteceume escribir un pouquiño xa que levo tantos días sen facelo (aquí, claro; porque merquei hai un par de meses unha libreta azul na que estou conseguindo escribir algo; e como se suele dicir: “algo é algo”). Como dicía poucas cousas mudaron -por non dicir ningunha, creo- dende a última vez que estiven por aquí. Escribindo claro, porque sempre me paso a ler os diarios dos colegas e os comentarios dos colegas dos colegas e de min mesma, q ás veces (poucas), me respostan. Ben, a novidade máxima na miña vida agora mesmo é o sol, que non é pouca cousa nen moito menos, pero que bueno, tendo en conta que non depende de min, pois tampouco se pode considerar unha novidade personal. Pero non creríades como me cambiou o ánimo. Salvando alguns baches provocados por asuntos profesionais, familiares e amistosos, o sol fixo que fora moito máis feliz, a pesar de rematar co refrán -que eu son moi refranera- de “en abril augas mil”… Hoxe a partir das 5-6 da tarde: festa universitaria na Xunqueira. Pereza pero tamén impaciencia. O ano pasado foi como un elixir que me fixo saír da tontería na que estaba introducida. Este ano, como mínimo, será divertido. O bo (e a diferencia co ano pasado), e que xa non espero un elixir que veña a salvarme… Inda que probablemente me viñera de gloria…
Xa sabedes que se vos queredes pasar….

Advertisements


No Responses Yet to “NOVIDADES”

  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: