Vida

09Xul06

hoxe lin unha cousa que me puxo os pelos de punta… e non é unha desgracia nin unha alegría moi grande nin nada polo estilo. é a Vida. o cambio que da a Vida (ou que pode dar) nun ano. o escribinte da cousa que lin confesaba que cambiara tanto de punto de vista dende hai un ano que non o podía crer. (case) todos os seus soños se cumpliran nos últimos 365 días, agora era feliz, ou iso cría; eu estou segura que dentro de outros 365 días pensará de novo o mesmo. e esa é a cousa da Vida. o malo é cando o asepticismo (se esa palabra existe – e guiño un ollo a M., por se pasa por aquí) toma as rendas da Vida; entón non hai nada que facer. pero non é o caso, eu quero que cada 365 dias pola miña mente pasen todas as cuestións (metas, problemas, ansiedades, desamores e amores, …) personais q fun inventando, sufrindo, querendo, traballando, esquecendo (nos casos que sexa necesario) e cumplindo. así saberei que a Vida segue a correr en forma de diferentes fluidos polo interior do meu corpo.

Advertisements


No Responses Yet to “Vida”

  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: