no tengo corazón…

04Ago06

vou e veño sen parar. falo de varias cousas á vez. cambio de punto de vista nun momento, pero por suposto, “teño todo clarísimo”…

avanzo, para logo retroceder outra vez (ou non). e teño un montón de manías como por exemplo lavar as mans sen parar. gústame o verde. pero sen querer. eu penso q me gusta máis o azul, pero é mentira.

a orde na miña vida é case inexistente, pero a xente cre que son ordenada.

escoito, falo sen parar e non escoito. logo escoito. contradígome. pero “teño as cousas claras”.

AGORA

quero ir, pero non, pero faime ilusión, pero estou nerviosa. si, quero ir. pero non…

necesito algo de estabilidade moral, pero quizais a teña máis que nunca en toda a vida. de repente teño ansiedade crónica. de repente durmo todo o día. case nunca os problemas me quitan o sono. quítanmo as cousas máis triviais que me pasan. e de repente, son insómnica por nada durante meses.

pero aínda así, non penso visitar a un psicólogo. e seguirei perseguindo a felicidade. con ansiedade, prudencia (só cando non a necesite -sempre é así-), con voracidade e con paixón.

Advertisements


No Responses Yet to “no tengo corazón…”

  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: