contraportada

24Ago06

I existe un momento na vida no que se comeza a dubidar se realmente a realidade é realidade ou se pouco a pouco nos achegamos silenciosamente á ficción. Ese momento chámase AUTOBIOGRAFÍA, e iso é o que lle aconteceu a Xosé Martín Fernández Outeiro na noite do 23 de Xuño dun dos anos da súa pequena, case invisíbel, madurez.
De pronto saíu da casa e de repente xa era noite, e Xosé Martín Fernández Outeiro decidiu que aquelas estrelas que agora observaba con fervorosa calma ían converterse diante dos seus ollos nun luxoso e fastoso amencer.
When dawn arrived Xosé Martín Fernández Outeiro lembrou á súa familia, lembrou aos seus amigos, lembrou ás súas amigas e lembrou incluso aquela pequena fraga na que paseaba cando tiña soio algúns outonos de vida.
Xosé Martín Fernández Outeiro, xa chegadas as segundas luces do maltreito día aterrouse, e de pronto colleu valor de novo e decidiu que aquelas segundas luces do maltreito día ían converterse diante dos seus ollos nun luxoso e fastoso anoitecer.
When twilight arrived Xosé Martín Fernández Outeiro decatouse de pronto de que o contido desa antedita parte da súa vida era practicamente nulo, e paseniñamente foise decatando de que aquela decisión por ver as metamorfoses naturais ía ser sermpre unha decisión infantil e pouco afortunada.
Entón foi xustamente cando Xosé Martín Fernández Outeiro decidiu volver á súa casa; é máis, entón foi xustamente cando decidiu volver á súa casa cos ollos pechados pra non ter máis posibilidade de ver amenceres ou anoiteceres luxosos e fastosos.
When the almost but not at all man arrived home estaba tan sumamente canso que decidiu por última vez na súa AUTOBIOGRAFÍA deitarse a durmir pra sempre.
Desta maneira, Xosé Martín Fernández Outeiro contradíxose i endexamais foi fiel á súa palabra. Ese momento foi precisamente cando Xosé Martín Fernández Outeiro creceu.

Advertisements


2 Responses to “contraportada”

  1. 1 Laura

    Jope, sí que se parecen, qué flipe y claro, gustame moito, a lot, diría eu.

  2. E bótanse un chisquiño de menos as túas anotacións en galego… Saudiña


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: